Ventorrillo F.S en CXNTV

Xa están á vosa disposición na sección "videos".



Os xogadores e Adestradores do Ventorrillo - Caixanova participaron na grabación de diversos spots para Caixanova entre o xoves 22 e o luns 26 de Xaneiro.


O día 22 foron ó plató de Caixanova na calle Pravia de A Coruña unha pequena representación das escolas de Fútbol Sala (Héctor), das categorías Benxamín (Manu, Iván, participaron no campionato galego de seleccións locais coa selección de A Coruña, e Brais) , Alevín (Iago, recentemente campión de Galicia coa Selección Coruñesa en dita categoría e Janio) e os seus respectivos adestradores Alex (Delegado das Seleccións Coruñesa en categorías Benxamín e Alevín) e Rober.O luns día 26, as cámaras de Caixanova virán a grabar ó noso adestramento con todas as plantillas ó completo nas diversas categorías do clube (Benxamín, Alevín, Cadete, Xuvenil e Sénior).

0 comentarios: